Friday 19 de April de 2024

A aula CeMIT de Ortigueira acollerá a próxima semana un taller de tecnoloxía e patrimonio


· Este diríxese á mocidade de entre 9 e 12 anos de idade, que poderá divertirse mentres aprende máis sobre robótica, videoxogos, deseño e impresión 3D.

· As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o venres 13 de agosto na propia Aula ou chamando ao teléfono 981 40 25 33.

A aula CeMIT de Ortigueira e a Biblioteca Municipal acollerán do 16 ao 20 de agosto un curso gratuíto de tecnoloxía e patrimonio dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 12 anos. As persoas interesadas poderán anotarse ata o venres 13 de agosto.

Robótica, videoxogos, deseño e impresión 3D son algúns dos ámbitos protagonistas destes talleres, nos que a mocidade participante poderá divertirse usando diferentes tecnoloxías e aprender máis sobre o patrimonio de Ortigueira. “ Unha forma atractiva de que a mocidade implíquese co patrimonio, coñecendo nova tecnoloxía de utilidade para ou seu estudo”, sinalou o alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras.

A formación gratuíta conta cun máximo de 12 prazas e as persoas interesadas en participar nela poderán apuntarse na aula CeMIT de Ortigueira ou chamando ao teléfono 981 40 25 33.